Dron de limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo estrea un dron de limpeza.

Trátase dun novo dron que se está usando para limpar a fachada do edificio, sustituíndo á clásica escena de operarios en estadas móbiles e colgantes. O dron substitúelles, “disparando” auga ás paredes e xanelas do edificio, sendo controlado e abastecido dende abaixo por dúas persoas.

Antes o exterior do hospitalse limpaba con plataformas elevables, mentres que os patios interiores limpábanos operarios que se descolgaban, cun evidente risco laboral.

O enxeño voador móvese bastante rápido e aos traballadores do hospitalles sorprendeu bastante o invento, reaccionando positivamente e valorando que é moito máis seguro que ter a unha persoa suspendida varios metros sobre o chan.

Trátase dun aparello da empresa norueguesa KTV, que se vende para limpar edificios, mesmo rañaceos, en todo o mundo. Tecnoloxías similares a esta están a usarse tamén para apagar incendios en lugares perigosos.