Limpeza zonas comúns Álvaro Cunqueiro
Innovación e sustentabilidade danse a man para manter as zonas comúns do Álvaro Cunqueiro. Co ecopastoreo hae cinco cabras de raza pura galega que se están adaptando aínda a este espazo. Os xardíns do hospitalÁlvaro Cunqueiro. Aquí viven e teñen á súa disposición 124.000 metros cadrados de zonas verdes.
A limpeza de gran parte da zona acristalada do hospital, que destaca no horizonte por ese brillo acristalado e metalizado, realízase mediante a utilización dun dron. Pero hai outras zonas que fan que a man humana sexa indispensable. Zonas de fachada en cortina que esixen aos operarios limpar centímetro a centímetro e fano a metros do chan, como auténticos homes rabuña. Son 84.000 metros cadrados de fachada con diversos materiais de panel mini onda, fachada ventilada de pedra, panel sándwich, de panel composite ou muro de cortina. Por iso, a SociedadeConcesionaria Novo Hospital de Vigo incorporou ao persoal a estes traballadores de altura.
Ademais, onde se poida a modernidade e as novas tecnoloxías axudan no día a día. É o caso tamén das fregadoras autónomas que se poden cruzar por algún corredor do hospital. Unha fregadora que á vez aspira e seca e que ten mapeado todo o edificio cunha autonomía de horas percorre sen descanso todas as estancias do hospital para dar tamén un respiro ao persoal para completar un traballo que segue sendo indispensable e facéndoo ademais, de novo, pensando na sustentabilidade.




