O rabaño do Cunqueiro crece co nacemento de dúas cabritas
O rabaño do Cunqueiro aumentou co nacemento de dúas pequenas cabras. As dúas crías, pegadas á súa nai, aínda se tambalean un pouco debido aos seus escasos días de vida. As pequenas convertéronse no foco de atención de pacientes e camiñantes que adoitan facer o roteiro biosaudable que rodea o hospital vigués.
A ampla leira entre a Estrada Clara Campoamor e o vial que dá acceso ao centro hospitalario converteuse o pasado mes de maeo no fogar dun pequeno rabaño formado por cinco cabras, que entón contaban con seis meses de idade.
Xurdiu como un proxecto de ecopastoreo impulsado pola área Sanitaria de Vigo e a concesionaria Novo Hospital de Vigo para o mantemento das zonas verdes. Así, as cabras sustituen á maquinaria á hora de realizar os labores de coidado da finca.
Este espazo verde conta cunha cabaña de madeira para que o rabaño poida acubillarse.




