A Concesión

Inicio / A Concesión

A Concesión:
Quen Somos

Somos unha sociedade fundada co obxecto social de executar o contrato de concesión de obra pública relativo ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro: Novo Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Estamos dedicados a axudar a facer realidade os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e por iso involucrámonos na redacción do proxecto técnico, financiamento, construción do Novo Hospital Público de Vigo, así como a explotación de determinados servizos non clínicos do complexo hospitalario.

Cremos firmemente que alcanzar os 17 ambiciosos obxectivos da ONU é esencial para o futuro das persoas e o planeta ao abordar o cambio climático, construír comunidades resilientes e protexer o medio ambiente.

Por iso, aínda que a nosa duración como sociedade non é indefinida, dado que o período de concesión ten unha duración máxima de 20 anos, ao termo da mesma comprometémonos a que o complexo manteña un bo estado de conservación, de maneira que poidan seguir cumprindo a finalidade para a que se outorgou a concesión e sen ningún tipo de contraprestación.

Temos a experiencia e a creatividade necesarias para lograr un impacto real. Resolvemos problemas de forma práctica. O noso enfoque integrado de investimento garante que podamos maximizar os beneficios económicos, ambientais e sociais en cada proxecto.

Unha concesión dun servizo público é un acordo no que unha Administración delega a unha entidade privada a xestión, operación ou desenvolvemento dun servizo esencial para a cidadanía; como auga, electricidade, transporte ou saúde, baixo un contrato con condicións específicas. O obxectivo é aproveitar a capacidade técnica, financeira e operativa do sector privado para garantir a prestación eficiente do servizo, mentres o goberno conserva a titularidade e establece as normas e estándares que deben cumprirse nun contrato amparado pola lexislación vixente ao que concorren empresas diferentes con propostas de mellora. Este modelo busca optimizar os recursos públicos e mellorar a calidade do servizo sen que o Estado perda a súa última responsabilidade cara aos usuarios. E ese modelo está auditado a tempo real na súa xestión precisamente por tratarse dun servizo esencial e público.

Participación de Empresas

A composición actual do accionariado da Sociedade é o seguinte:

→ Infra Invest Iberia, S.A.U: 30,00%

→ Mirtexo ITG, S.L: 24,98%

→ Puentes e Calzadas Grupo de Empresas, S.A: 23,33%

→ Veolia España, S.L.U: 16,67%

→ Bens Patricios, S.L: 5,01%

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Equipa

A Sociedade Concesionaria conta cunha plantilla de 35 personas, además de 850 traballadores en os servizos no clínicos, traballadores que son na sua grande  maioría de Vigo e a súa comarca.

En concreto, da plantilla de 35 persoas, o 91% son galegos, e  o ratio entre home e muller é de 18/17.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Datos de Xestión

→ 18 traballadores adscritos a la Sociedade.

→ 12 servizos non clínicos do CHUVI e Hospital Álvaro Cunqueiro xestionados.

→ 1.253 camas.

→ 850 persoas que realizan labores nos servizos non clínicos do hospital Público.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

¿Cómo Traballamos?

Maximizamos o beneficio económico, ambiental e social. Buscamos asociacións para avanzar en novas ideas, e si vemos o potencial dun proxecto de transformación que aínda non existe, facémolo realidade nos mesmos.

A creatividade comeza na concepción e é unha forza impulsora ao longo de todos os nosos proxectos. Sempre combinada cun profundo coñecemento dos sectores público e privado, e experiencia técnica.

Comprometémosnos con proxectos durante décadas. Traballamos en estreita colaboración coa industria e escoitamos ás comunidades locais. Estos coñecementos dan forma a noso traballo, centrado en facer contribución positivas a través de unha acción responsable. Cremos que este é o mellor xeito de crear un cambio duradero.

Todo o que facemos baséase na análise de datos rigorosos utilizando ferramentas de avaliación comparativa que deseñamos nós mesmos para establecer novos estándares na medición e mellorar noso impacto.