Aviso Legal

Inicio / Aviso Legal

Identificación

O presente Aviso Legal regula o uso desta Páxina web, titularidade de Sociedad Concesionaria Novo Hospital de Vigo, S.A. (en adelante SCNHV), con CIF A70276795 e domicilio en Carretera Clara Campoamor, 341 Babío – Beade 36312 Vigo (Pontevedra), con correo electrónico de contacto info@scnhv.es .

Para a utilización desta Páxina requírese a aceptación expresa do usuario de todas e cada unha das cláusulas que se indican no presente Aviso Legal, así como cada unha das advertencias ou cláusulas específicas que se establezan nalgunhas zonas da Páxina.

En caso de non aceptar as cláusulas establecidas no presente Aviso Legal, o usuario deberá absterse de acceder e utilizar os contidos postos á súa disposición na Páxina, procedendo a abandonala.

Uso da páxina

O usuario obrígase a non utilizar a Páxina para a realización de actividades contrarias ás leis, á moral, á orde pública e, en xeral, a facer un uso conforme ás condicións establecidas no presente Aviso Legal.
A SCNHV actúa exclusivamente como responsable da Páxina na súa condición de prestador dun servizo de información sobre os seus propios servizos, non facéndose responsable dos contidos que, en contravención ás presentes condicións xerais, os usuarios puidesen enviar ou publicar.

A SCNHV poderá interromper o servizo da Páxina se detecta un uso desta ou de calquera dos servizos que na mesma se ofertan que poida considerar contrario ao expresado no presente Aviso Legal.

Protección da navegación

Ao conectarse a Internet é conveniente que, ademais de coidar os aspectos básicos de protección do ordenador, sexan tidas en conta as seguintes medidas de precaución:

  • Utilizar versións actualizadas dos navegadores.
  • No acceso á área de acceso restrinxido, comprobar que o acceso se produce utilizando o protocolo de seguridade SSL (Secure Sockets Layer) para garantir a integridade e a confidencialidade da información facilitada.
  • Navegar por sitios web coñecidos.
  • Non aceptar a execución de programas cuxa descarga se produza de forma automática, se non confía nas fontes que orixinan a súa descarga.

No caso de que se utilicen ordenadores públicos ou compartidos con terceiras persoas confirmar que non se atopa activada a opción de recordatorio de contrasinais automático.

Os virus son programas que se instalan no ordenador, habitualmente de forma oculta ao propietario, con finalidades prexudiciais para o equipo do usuario (por exemplo, destruír arquivos ou o disco, propagarse a outros ordenadores ou provocar un mal funcionamento do ordenador). Para evitar posibles infeccións de virus é conveniente dispoñer dun software antivirus actualizado.

Propiedade intelectual e industrial

A totalidade desta Páxina: texto, imaxes, marcas, gráficos, logotipos, botóns, arquivos de software, combinacións de cores, así como a estrutura, selección, ordenación e presentación dos seus contidos, atópase protexida polas leis sobre Propiedade Intelectual e Industrial, quedando prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, salvo para uso persoal e privado.

A SCNHV non garante que os contidos sexan precisos ou libres de erro ou que o libre uso dos mesmos polo usuario non infrinxa os dereitos de terceiras partes. O bo ou mal uso desta páxina e dos seus contidos está baixo a responsabilidade do usuario.
Así mesmo, queda prohibida a reprodución, retransmisión, copia, cesión ou redifusión, total ou parcial, da información contida nesta Páxina, calquera que for a súa finalidade e o medio utilizado para iso, sen autorización previa da SCNHV.

Ligazóns ou Links

A Páxina pode incluír ligazóns ou links a sitios de terceiros. As páxinas pertencentes a terceiros non foron revisadas nin son obxecto de controis por parte da SCNHV. En calquera caso, a SCNHV non poderá ser considerada responsable dos contidos destes sitios web nin das medidas que se adopten relativas á súa privacidade ou ao tratamento dos seus datos de carácter persoal.

No caso de estar interesado/a en activar unha ligazón na Páxina da SCNHV deberá comunicalo, obtendo o consentimento expreso da SCNHV para crear dita ligazón. A SCNHV resérvase o dereito de oposición á activación de ligazóns co seu sitio web.

Responsabilidades

A SCNHV non será responsable directa nin subsidiariamente de:

  • A calidade do servizo, a velocidade de acceso, o correcto funcionamento nin a dispoñibilidade nin continuidade de funcionamento da Páxina.
  • Os danos que poidan causarse nos equipos do usuario pola utilización da Páxina.
  • Os casos en que un terceiro, quebrantando as medidas de seguridade establecidas, acceda ás mensaxes ou os utilice para o envío de virus informáticos.
  • Os vicios e defectos de toda clase dos contidos transmitidos, difundidos, almacenados ou postos a disposición.
  • A licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos que os usuarios transmitan coa utilización da Páxina ou dos servizos nela ofertados, así como tampouco a súa veracidade ou exactitude. A SCNHV non controla a utilización que os usuarios fan da Páxina, nin garante que o fagan conforme ao establecido no presente Aviso Legal.
  • A actualización dos contidos ofrecidos nos apartados de noticias.

A título enunciativo e con carácter non limitativo, o usuario será responsable de:

  • Dos contidos introducidos por eles, especialmente dos datos e informacións introducidos e enviados á SCNHV por medio da Páxina ou na Páxina.
  • Da realización de calquera tipo de actuación ilícita, lesiva de dereitos, nociva e/ou prexudicial.

Foro

O presente Aviso Legal atópase redactado en galego, e atópase sometido á lexislación española vixente. Para calquera tipo de controversia derivada da información, utilización dos servizos ou dos contidos propios da Páxina, as partes, coa aceptación do clausulado establecido no presente Aviso Legal, someteranse aos Xulgados e Tribunais competentes da cidade de Vigo (Pontevedra).