O Hospital Público Álvaro Cunqueiro é un hospital inaugurado no ano 2015 e situado en Vigo, destinado a atender unha área sanitaria de 600.000 persoas, a maior de Galicia.
O edificio foi deseñado polo estudo francés Valode & Pistre en colaboración co arquitecto español #Luis #Vidal e ten certificación medio ambiental BREEAM. Entre outros galardóns o hospital público ha conseguido o Premio Internacional ao Mellor Proxecto Sanitario do Futuro outorgado pola Academia Internacional de Deseño e Saúde en Kuala Lumpur.
Trátase dun hospital público para hospitalización con altos requirimentos diagnósticos e terapéuticos, coidados complexos e cirurxía.
Servizos de referencia exclusiva para toda a poboación: Urxencias, Área Materna Infantil, Unidades de Coidados Intensivos e Reanimación, Diálise, Hospital de Día Oncohematológico, Hemodinámica, Cirurxía Cardíaca, Cirurxía Torácica, Neurocirugía, Radioloxía Intervencionista. …




